Emprender en cooperativas ou sociedades laborais - Resolve as dúbidas

A Rede Eusumo organiza a seguinte actividade para resolver dúbidas acerca de:

EMPRENDER EN COOPERATIVAS OU SOCIEDADES LABORAIS
 

Data: 14 de setembro de 2022

Horario e modalidade: o horario establecerase en función da preferencia das persoas inscritas e a sesión será en liña

Destinatarios: esta acción está dirixida ao público en xeral que pretenda emprender e desexe resolver as súas dúbidas en canto ao funcionamento e a constitución deste tipo de entidades.

Obxectivos: pretendese amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa e das sociedades laborais como modelo empresarial máis axeitado para emprender na actualidade. Perséguese:

  • Achegar o modelo cooperativo e das sociedades laborais ao público que quere emprender
  • Dar a coñecer o modelo cooperativo e asociativo
  • Achegar experiencias reais de emprendemento con exemplos de entidades de éxito en Galicia.

Programa:

  • Benvida e presentación da Rede Eusumo
  • Os valores da Economía Social
  • As Sociedades Laborais:
    • Características e particularidades
    • Tipos e exemplos
  • Coñecendo a fórmula empresarial cooperativa
    • As cooperativas como modelo empresarial: Características e particularidades, entorno cooperativo, principios e valores.
    • Tipos e exemplos de cooperativas
  • Axudas APROL Economía Social
  • Peche da actividade

Inscricións:

- Gratuíta
- A través do seguinte formulario.
- Máis información en eusumo.emprego@xunta.gal / 981 558 008

 

Mércores, 14 September, 2022 - 00:00

Compartir