Emprendemento: o caso das EIL | Pontes ao mercado laboral
AEIGA organiza a actividade 'Emprendemento: o caso das EIL. Pontes ao mercado laboral' no marco da Rede Eusumo.
Levarase a cabo o 29 de marzo de 2023 en modalidade presencial nas intalacións da Facultade de Dereito da USC en horario de 12:00 h a 14:00 h.
Persoas destinatarias: alumnado do Máster de Estudos Internacionais e do Máster de Economía da Solidaridade da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
O obxectivo é difundir e sensibilizar sobre a figura das empresas de inserción laboral e a inserción sociolaboral de Galicia, ademais de complementar a formación técnica e práctica dos futuros profesionais das áreas xurídica, económico-empresarial e social das empresas de inserción.
Os contidos desta actividades estrutúranse da seguinte forma:
- A empresa de inserción laboral
- Emprego nas empresas de inserción
- As persoas traballadoras en inserción
- Creación de novas EIL: elaboración do proxecto para a creación dunha empresa de inserción
- Promoción das empresas de inserción
Consulta o cartel completo da actividade.
Podes obter máis información a través de https://www.aeiga.org/ e 881 957 452 / 698 120 455