Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio | Obradoiro
AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) organiza o obradoiro ‘Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio’ no marco da Rede Eusumo.
Un dos obxectivos desta actividade é comprender o concepto de empresa cooperativa e da persoa emprendedora e valorar o seu papel como axente xerador de riqueza e motor económico no ámbito rural.
Levarase a cabo en modalidade en liña a través da plataforma Zoom do 14 ao 28 de marzo de 2023.
As sesións desta actividade gratuíta serán as seguintes:
1ª Sesión - 14 de marzo. Xeración e maduración de ideas para un proxecto emprendedor no medio rural
2ª Sesión - 16 de marzo. 12 oportunidades de negocio para o emprendemento no medio rural
3ª Sesión - 21 de marzo. A fórmula cooperativa como modelo de emprendemento
4ª Sesión - 23 de marzo. Por que emprender?
5ª Sesión - 28 de marzo. Elaboración do plan emprendedor
Consulta o cartel completo.
Se estás interesad@, inscríbete mediante este formulario ou en agaca@agaca.coop.
Para máis información, contacta a través de agaca@agaca.coop / 981 584 783.