Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio
Agaca (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) organiza o obradoiro ‘Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio’ no marco da Rede Eusumo.
Levarase a cabo en modalidade en liña a través da plataforma Zoom do 26 de setembro ao 10 de outubro de 2023.
Os obxectivos desta actividade son:
- Comprender o concepto de empresa cooperativa e da persoa emprendedora e valorar o seu papel como axente xerador de riqueza e motor económico no ámbito rural.
- Valorar a importancia do asociacionismo como fonte de dinamización social e medio de sumar esforzos e compartir ideais.
- Coñecer oportunidades de negocio que existen no medio rural e acceder a contactos para desenvolver proxectos novidosos.
- Definir aspectos xerais e elementos necesarios para levar a cabo un proxecto de emprendemento cooperativo no medio rural.
- Coñecer apoios que poden prestar as cooperativas á xuventude con proxectos de emprendemento no medio rural.
As sesións desta actividade gratuíta serán as seguintes:
1ª Sesión - 26 de setembro. Por que emprender?
2ª Sesión - 28 de setembro. Xeración e maduración de ideas para un proxecto emprendedor no medio rural
3ª Sesión - 3 de outubro. 12 oportunidades de negocio para o emprendemento no medio rural
4ª Sesión - 5 de outubro. A fórmula cooperativa como modelo de emprendemento
5ª Sesión - 10 de outubro. Elaboración do plan emprendedor
Se estás interesad@, inscríbete mediante este formulario ou chama ao 981 58 47 83.
Podes consultar o cartel completo.
Para máis información, contacta a través de agaca@agaca.coop