Emprende baixo a fórmula da cooperativa

A Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:

EMPRENDE BAIXO A FÓRMULA DA COOPERATIVA
 

Data: 18 de novembro de 2020

Horario e modalidade: de 12:00 a 13:30 h en sesión online

Destinatarios: persoas participantes en accións dirixidas por AJE Pontevedra e ao público en xeral

Obxectivos: 

Pretendese amosar as vantaxes e particularidades da economía social e o cooperativismo, así coma os apoios e axudas. Perséguese:

  • Achegar a economía social ao público
  • Dar a coñecer as características e particularidades da economía social
  • Mostrar os recursos e ferramentas a disposición do impulso ao cooperativismo.

Programa:

  • Benvida e presentación da Rede Eusumo
  • Que é a economía social? Que entidades a conforman?
  • As Sociedades Laborais:
    • As Sociedades Laborais. Características e particularidades.
  • As cooperativas
    • As cooperativas. Características e particularidades. Clases de cooperativas.
    • A cooperativa de traballo asociado como fórmula de emprendemento colectivo.
  • Apoios e financiamento
  • Peche

Inscricións:

- Gratuíta.
- A través do seguinte formulario.
- Máis información en eusumo.emprego@xunta.gal / www.eusumo.gal

 

Mércores, 18 November, 2020 - 16:45

Compartir