A ECONOMÍA SOCIAL E A MODERNIZACIÓN DO SECTOR AGROALIMENTARIO: Certificacións de calidade e medioambientais

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza o seguinte curso no marco da Rede Eusumo:

A ECONOMÍA SOCIAL E A MODERNIZACIÓN DO SECTOR AGROALIMENTARIO: CERTIFICACIÓNS DE CALIDADE E MEDIOAMBIENTAIS
 

Datas: do 3 de xaneiro ao 18 de febreiro

Modalidade: formación en liña a través desta ligazón.

Duración: 70 horas

Obxectivos:

  • Desenvolver un curso sobre a modernización do sector primario, dende a concepción cooperativa e de certificacións medioambientais e de calidade
  • Dar a coñecer o modelo cooperativo e das empresas da economía social e as súas características básicas e diferenciadoras
  • Amosar dende a práctica as condicións e requisitos necesarios para a xestión das certificacións medioambientais e de calidade
  • Contribuír a que se coñeza e valoren as cooperativas e as empresas da economía social e as súas achegas sociais e económicas
  • Contribuír ao fortalecemento das cooperativas e da economía social a través de estratexias que redundan na calidade

Programa:

  1. COOPERATIVISMO NO SECTOR PRIMARIO
    Módulo 1. AS COOPERATIVAS
    Módulo 2. MARCO LEGAL DO COOPERATIVISMO
  2. CERTIFICACIÓNS DE CALIDADE
    Módulo 3. ISO 9001
    Módulo 4. CERTIFICACIÓNS EN VACÚN DE LEITE
    Módulo 5. GLOBAL GAP
    Módulo 6. BRC/IFS
    Módulo 7. ISO 22000
  3. CERTIFICACIÓNS AMBIENTAIS
    Módulo 8. ISO 14000 (14063, 14067,…)
    Módulo 9. ANÁLISE DO CICLO DE VIDA
    Módulo 10. PEGADA DE CARBONO
    Módulo 11. PEGADA HÍDRICA

Inscricións: 

- Gratuíta

- A través desta ligazón.
 

Mais información: 981584783 / agaca@agaca.com / www.agaca.coop

Se queres visulizalo programa completo preme aquí.

 

Luns, 3 January, 2022 - 09:00 to Venres, 18 February, 2022 - 09:00

Compartir