A economía social como impulso do emprendemento | Ribadumia
A Subdirección Xeral de Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración organiza unha xornada centrada na economía social como impulso do emprendemento no Concello de Ribadumia.
Data: 20 de setembro
Horario: de 20:00 h a 21:30 h
Modalidade: presencial
Lugar: Salón de actos da Casa da Cultura de Ribadumia
Obxectivos:
- Informar sobre as particularidades das cooperativas e sociedades laborais
- Dar a coñecer o modelo cooperativo e asociativo
- Achegar experiencias reais do proceso de emprendemento nas entidades de economía social
Persoas destinatarias:
- Público en xeral do Concello de Ribadumia e arredores
Inscríbete antes do 18 de setembro enviando un mail a concello@ribadumia.org ou chamando ao 986 718 491
Descarga o programa
Venres, 20 September, 2024 - 20:00 to 21:30