A economía social como impulso do emprendemento | Moaña
A subdirección xeral de Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración organiza unha xornada centrada na economía social como impulso do emprendemento no Concello de Moaña.
Data: 4 de setembro
Horario: de 9:00 h a 11:15 h
Modalidade: presencial
Lugar: Patronato Municipal Beiramar (Moaña)
Obxectivos:
- Informar sobre as particularidades das cooperativas e sociedades laborais
- Dar a coñecer o modelo cooperativo e asociativo
- Achegar experiencias reais do proceso de emprendemento nas entidades de economía social
Persoas destinatarias:
- Público en xeral do Concello de Moaña e arredores
Descarga o programa
Mércores, 4 September, 2024 - 09:00 to 11:15