A economía social como impulso do emprendemento | Gondomar
A subdirección xeral de Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración organiza unha xornada centrada na economía social como impulso do emprendemento no Concello de Gondomar.
Data: 5 de setembro
Horario: de 9:00 h a 11:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar
Obxectivos:
- Informar sobre as particularidades das cooperativas e sociedades laborais
- Dar a coñecer o modelo cooperativo e asociativo
- Achegar experiencias reais do proceso de emprendemento nas entidades de economía social
Persoas destinatarias:
- Público en xeral do Concello de Gondomar e arredores
Descarga o programa
Xoves, 5 September, 2024 - 09:00 to 11:00