Economía circular e empresas de inserción laboral: emprendemento en sectores estratéxicos
AEIGA (Asociación de Empresas de Inserción de Galicia) organiza a actividade ‘Economía circular e empresas de inserción laboral: emprendemento en sectores estratéxicos’ no marco da Rede Eusumo.
Levarase a cabo en modalidade presencial no edicifico CERSIA (Santiago de Compostela) os días 22, 23, 24, 30 e 31 de marzo de 2023. Terá unha duración total de 25 horas, que se distribuirán en horario de 9:00 h a 14:00 h.
Esta actividade está dirixida a persoas emprendedoras, a entidades de iniciativa social e á cidadanía en xeral.
O obxectivo é achegar coñecementos de caracter técnico e prácticos relacionados coa creación de empresas de inserción e o emprendemento ás persoas interesadas para que poidan recoñecer as oportunidades de emprego e adquiran as capacidades necesarias para emprender proxectos empresariais no marco da economía circular e as empresas de inserción.
Os contidos desta actividade gratuíta serán os seguintes:
Módulo I: Fundamentos da Economía Circular. Principios e ferramentas. Modelos de negocio.
Módulo II: As Empresas de Inserción. Constitución, cualificación e principais características.
Módulo III: A persoa traballadora en inserción.
Módulo IV: Retos e oportunidades da Economía Circular.
Módulo V: Deseño de Plans de negocio no ámbito da Economía Circular e Social.
Consulta o cartel completo.
Se estás interesad@, inscríbete a través de medioambiente@aeiga.org ou 604 075 195.