LOADING

Que é a economía social?

A Economía Social

As cooperativas, xunto con outras entidades entre as que se atopan as sociedades laborais e os centros especiais de emprego, integran a denominada economía social. Esta economía é entendida como o conxunto de actividades económicas e empresariais, que no ámbito privado levan a cabo aquelas entidades que perseguen ben o interese colectivo dos seus integrantes ou ben o interese xeral económico ou social, ou ambos.

A propiedade está en mans do colectivo dos seus traballadores e socios, os que polo tanto asumen todo o protagonismo na toma de decisións e na marcha da actividade que desenvolven. O papel central que asumen os traballadores e socios outorga a estas empresas unha serie de características moi particulares e valiosas, que en especial son adecuadas para atender diversas demandas, inquietudes e problemáticas do mundo actual, ligadas aos profundos e rápidos cambios que está experimentando o conxunto da sociedade e a economía.

A economía social fundaméntanse nun conxunto de valores orientados a fins sociais: primacía das persoas e do fin social sobre o capital, os traballadores e socios convértense en protagonistas da marcha da empresa, procúrase un emprego estable e de calidade, promocíonase a solidaridade interna e coa sociedade que favoreza o compromiso co desenvolvemento local, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a cohesión social, a inserción de persoas en risco de exclusión social, e a sostibilidade, ou a aplicación dos resultados obtidos da actividade económica principalmente en función do traballo achegado e servizo ou actividade realizada polas socias e socios ou polos seus membros e, no seu caso, á fin social obxecto da entidade.