E ti, coñeces a fórmula? | Sada
A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a charla "E ti, coñeces a fórmula?" no marco da Rede Eusumo e do Programa de Emprego, formación, educación e economía social (EFESO) do FSE+.
Data: 24 de setembro
Horario: de 09:30 h a 13:30 h
Modalidade: presencial
Lugar: Aula CeMIT, Praza da Pescadería, Sada (A Coruña)
Obxectivos
- Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
- Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
- Visibilizar como o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.
Programa e contidos
- Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende
- A cooperativa dentro da economía social
- Os principios e valores cooperativos
- Que é unha cooperativa? Tipos de cooperativas
- Emprende en cooperativa: apoios ó cooperativismo. Boas prácticas en emprendemento cooperativo
Persoas destinatarias
- Persoas tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa e que poidan ter un potencial interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo
- Alumnado de centros formativos de ensinanza secundaria obrigatoria e postobrigatoria, alumnado universitario e de programas de emprego e formación
Máis información: contacta a través de patane@espazo.coop ou 697 877 773
Descarga o programa ↓
Martes, 24 September, 2024 - 09:30 to 13:30