E se traballamos en equipo?

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:

E SE TRABALLAMOS EN EQUIPO?
 

Datas: do 29 de marzo ao 1 de abril

Horario: de 09:30 a 14:30 horas

Duración: 20 horas

Modalidades: presencial

Lugar: no salón de Plenos do Concello de Sada, avenida do Porto, 24, Sada (A Coruña)

Destinatarios: persoas socias e/ou asalariadas de cooperativas e outras empresas da economía social, persoas que estean desenvolvendo un proxecto de emprendemento en cooperativa, persoas interesadas en formar parte de empresas participativas e todas as persoas interesadas na aprendizaxe práctica das habilidades para o traballo en equipo.

Obxectivos:

- Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo
- Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais
- Descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo

Programa:

Módulo 1: Achegándonos ao xeito de traballar nunha cooperativa. Habilidades persoais e sociais
Módulo 2: Habilidades de comunicación
Módulo 3: Habilidades para o traballo en equipo
Módulo 4: Toma de decisións

Contido formativo:

  • Presentación de Unión de Cooperativas Espazocoop e da Rede Eusumo. Como se traballa nunha cooperativa? Habilidades Sociais e persoais: Autocoñecemento. Autoestima.
  • Habilidades de comunicación: a escoita activa. Barreiras na Comunicación. Empatía e asertividade. Habilidades para xestionar críticas, peticións e eloxios.
  • Habilidades de xestión social: traballo en equipo. Características do traballo en equipo. Vantaxes e inconvenientes. Fases de maduración do equipo. Os rols nos equipos de traballo.
  • Toma de decisións: tipoloxías. A toma de decisión en grupo, vantaxes e inconvenientes. Fases e factores que inflúen na toma de decisións. Avaliación do obradoiro.

Inscricións:

- Gratuíta
- A través do seguinte formulario

Para máis información: aedl@sada.gal

Preme aquí para visualizar o cartel.

 

Martes, 29 March, 2022 - 09:30 to Venres, 1 April, 2022 - 14:30

Compartir