Do 8 ao 10 de xuño, degustación de produtos de Economía Social en Salimat 2018

Do 7 ao 10 de xuño celébrase en Silleda a 22º edición do Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2018. 

Dende pequenos produtores ata a gran distribución, Salimat conforma un auténtico escaparate de produtos artesáns, gourmet, ecolóxicos e innovadores.

Entre os diferentes expositores haberá unha ampla oferta de produtos da Economía social, da man de numerosas cooperativas galegas.

Descarga o seguinte cartel para consultar todas as degustacións:

Degustación de produtos de Economía Social en Salimat 2018.

Consulta toda a información sobre os produtos e expositores de Economía Social de Galicia presentes no evento:

Fichas informativas Expositores de Economía Social de Galicia en Salimat 2018

Mércores, 6 June, 2018 - 11:15 to Domingo, 10 June, 2018 - 11:15

Compartir