Divulgación do emprendemento e de experiencias cooperativas como modelo de éxito nos Institutos de Educación Secundaria

Trátanse de charlas formativas sobre emprendemento cooperativo nos IES, para divulgar entre os alumnos os proxectos cooperativos de éxito como modelo de emprendemento. Visitas a cooperativas da zona cos escolares dos IES para comprobar e coñecer o modelo de empresa cooperativa.

As sesións transcurrirán da seguinte forma:

1. Presentación sobre o espírito emprendedor cooperativo: perfil do emprendedor en xeral e da comarca en particular, xuventude emprendedora, razóns que levan a unha persoa a apostar polo autoemprego, casos de boas prácticas.

2. Exercicio práctico de habilidades emprendedoras: onde os alumnos poderán poñer en práctica a súa capacidade emprendedora. 

3. Oportunidades de negocio no medio rural: presentación de oportunidades de negocio no medio rural. Exposición de casos de éxito de emprendemento no medio rural. Os alumnos poderán opinar e incluso completar coas súas propias ideas.

4. Visita didáctica a cooperativa FEIRACOCOOPERATIVA O VALCASA GRANDE DE XANCEDAADEGA CONDES ALBAREI S.Coop., MILHULLOA S.Coop., Fundación Coren, etc.: os participantes serán guiados a través das instalacións da cooperativa comprobando “in situ” como se organiza o seu traballo diario.

Estas actividades formativas/divulgativas terán lugar en:

Centro:  EFA FONTEBOA - Coristanco (A Coruña)

Datas: 12 de xuño 2019

Horario: de 9:00 a 14:00 horas

Lugar:  Granxa As Vacas da Ulloa, Lg A Cernada - Aguasantas, Palas de Rei (Lugo).

 

Centro: Obradoiro Dual de Emprego "Terras da montaña II", do Concello de Sobrado dos Monxes.

Datas: 3 de xullo 2019

Horario: de 9:00 a 14:00 horas

Lugar:  Casa Grande de Xanceda, Lg. Casa Grande de Xanceda, Mesia (A Coruña).

 

Mércores, 12 June, 2019 - 09:00 to Mércores, 3 July, 2019 - 14:00

Compartir