DIVULGACIÓN DO EMPRENDEMENTO E DE EXPERIENCIAS COOPERATIVAS COMO MODELO DE ÉXITO NOS INSTITUTOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA - IES DE GALICIA

Trátanse de charlas formativas sobre emprendemento cooperativo nos IES, para divulgar entre os alumnos os proxectos cooperativos de éxito como modelo de emprendemento. Visitas a cooperativas da zona cos escolares dos IES para comprobar e coñecer o modelo de empresa cooperativa.

As sesións transcurrirán da seguinte forma:

1. Presentación sobre o espírito emprendedor cooperativo: perfil do emprendedor en xeral e da comarca en particular, xuventude emprendedora, razóns que levan a unha persoa a apostar polo autoemprego, casos de boas prácticas.

2. Exercicio práctico de habilidades emprendedoras: onde os alumnos poderán poñer en práctica a súa capacidade emprendedora. 

3. Oportunidades de negocio no medio rural: presentación de oportunidades de negocio no medio rural. Exposición de casos de éxito de emprendemento no medio rural. Os alumnos poderán opinar e incluso completar coas súas propias ideas.

4. Visita didáctica a cooperativa FEIRACOCOOPERATIVA O VALCASA GRANDE DE XANCEDAADEGA CONDES ALBAREI S.Coop., MILHULLOA S.Coop., Fundación Coren, etc.: os participantes serán guiados a través das instalacións da cooperativa comprobando “in situ” como se organiza o seu traballo diario.

 

Estas actividades formativas/divulgativas terán lugar en:

Centro:  IES MONTE NEME (Carballo)

Datas: 9 de maio 2019

Horario: de 9:00 a 14:00 horas

Lugar:  Centro da Rede Esumo FUNDACION TERRA DE TRASANCOS - COOPERATIVA O VAL. Vilacornelle, s/n. Estrada C116 - Km 5,5 - O Val

 

Centro: CEIP MANUEL MAZO VIZOSO

Datas: 10 de maio de 2019

Horario: de 9:00 a 14:00 horas

Lugar:  MILHULLOA S.Coop. Lugar Coto, 1, 27204 Palas de Rei, Lugo

 

Centro: COLEXIO PLURILINGÜE SAN JOSE (Lugo)

Datas: 14 de maio 2019

Horario: de 9:00 a 14:00 horas

Lugar: "Granxa As vacas da Ulloa". Lg A Cernada-Aguasantas, 27200 Palas de Rei (Lugo)

 

Xoves, 9 Maio, 2019 - 19:15 to Martes, 14 Maio, 2019 - 19:15

Compartir