Divulgación do emprendemento e de experiencias cooperativas como modelo de éxito

A cooperativa Milhulloa recibiu hoxe a un grupo de estudantes do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón) e  o pasado luns a e 40 estudantes do IES Félix Muriel de Rianxo.
Estas actividades están dentro do obradoiro “Divulgación do emprendemento de experiencias cooperativas como modelo de éxito”, enmarcado dentro do programa da Rede Eusumo e organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA).

O obxectivo desta actividade é dar visibilidade á economía social como opción para forxar unha carreira profesional ao rematar os estudos.
Milhulloa é unha cooperativa dedicada á produción de especias, herbas medicinais, cosméticos e outros produtos derivados do campo, algún de forma ecolóxica.
Nestas xornadas, o persoal da entidade explicoulle ao alumnado o proceso de cultivo, de preparación, de secado e de envasado dos seus produtos, así como as distintas fases que pasou a cooperativa no seu camiño cara a constituírse como un negocio rendible.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

 

Mércores, 10 April, 2019 - 09:00

Compartir