Divulgación do emprendemento e de experiencias cooperativas como modelo de éxito nos institutos de educación secundaria - IES de Galicia. Maio 2017

Centro:CFEA de Guísamo. Bergondo (A Coruña)
Datas:04 de maio 2017
Horario:9:00 a 14:00
Lugar visita:CASA GRANDE DE XANCEDA. Lg. Casa Grande de Xanceda, Mesia (A Coruña)

Centro:IES ANTONIO FRAGUAS- Santiago (A Coruña)
Datas:05 de maio 2017
Horario:9:00 a 14:00
Lugar visita:Centro da Rede Esumo FUNDACION FEIRACO. Ponte Maceira. Ames

Centro:CEIP INSUA BERMUDEZ-Vilalba (Lugo)
Datas:11 de maio 2017
Horario:9:00 a 14:00
Lugar visita:Centro da Rede Esumo FUNDACION TERRA DE TRASANCOS - COOPERATIVA O VAL. Vilacornelle, s/n. Estrada C116 - Km 5,5 - O Val

Centro:IES BREAMO. Pontedeume (A Coruña)
Datas:23 de maio 2017
Horario:9:00 a 14:00
Lugar visita:Centro da Rede Esumo FUNDACION FEIRACO. Ponte Maceira. Ames

Centro:IES CATABOIS- Ferrol (A Coruña)
Datas:22 de maio 2017
Horario:9:00 a 14:00
Lugar visita:Centro da Rede Esumo FUNDACION TERRA DE TRASANCOS - COOPERATIVA O VAL. Vilacornelle, s/n. Estrada C116 - Km 5,5 - O Val

Centro:IES FRANCISCO ASOREY. Cambados. (Pontevedra)
Datas:24 de maio 2017
Horario:9:00 a 14:00
Lugar visita:Centro da Rede Esumo PAZO BAION-ADEGAS CONDES ALBAREI S.Coop. Abelleira-Baión- Vilanova de Arousa (Pontevedra)

OBXECTIVOS: Charlas formativas sobre emprendemento cooperativo nos IES para divulgar entre os alumnos os proxectos cooperativos de éxito como modelo de emprendemento. Visitas a cooperativas da zona, cos escolares dos IES, para comprobar e coñecer o modelo de empresa cooperativa.

1. Presentación sobre o espírito emprendedor cooperativo: perfil do emprendedor en xeral e da comarca en particular, xuventude emprendedora, razóns que levan a unha persoa a apostar polo autoemprego, casos de boas prácticas.
2. Exercicio práctico de habilidades emprendedoras: onde os alumnos poderán poñer en práctica a súa capacidade emprendedora.
3. Oportunidades de negocio no medio rural: presentación de oportunidades de negocio no medio rural. Exposición de casos de éxito de emprendemento no medio rural. Os alumnos poderán opinar e incluso completar coas súas propias ideas.
4. Visita didáctica a cooperativa FEIRACO, COOPERATIVA O VAL,CASA GRANDE DE XANCEDA, ADEGA CONDES ALBAREI S.Coop. etc.: os participantes serán guiados a través das instalacións da cooperativa comprobando “in situ” como se organiza o seu traballo diario

RELACION DE PONENTES: MARIA REY CAMPOS, CARLOS ARES FERNANDEZ

Jueves, 4 Maio, 2017 - 09:00 to Miércoles, 24 Maio, 2017 - 14:00