Día do Cooperativismo Galego 2019

Como cada ano, a Secretaría Xeral de Emprego chama a todas as persoas que forman parte da familia cooperativa á celebración do "Día do cooperativismo galego" que terá lugar o primeiro sábado de xullo.

A cita será o próximo 6 de xullo ás 12:00 horas en Xinzo de Limia, no local Xpazo e da man de Limia Xestión, S.Coop. Galega.

No acto faremos entrega dos premios á Cooperación 2019 e dos Premios a Proxectos Empresariais Cooperativos, dentro do Certame de Cooperativismo no Ensino 2019, e contaremos co espectáculo da compañía Sincronacidas e o concerto de A banda da Loba.

Queremos facer partícipes desta celebración a todas as cooperativas galegas e a todas as persoas que traballan prol do cooperativismo. 

Podedes inscribirvos ou atopar información máis detallada da xornada na web: https://www.cooperativismogalego.com/programa

 

Sábado, 6 July, 2019 - 11:30 to 13:00

Compartir