Desafíate a mellorar o teu proxecto apostando por unha economía máis social e sostible

A Confederación Empresarial de Ourense, a través da Rede Eusumo e dentro do Laboratorio de Proxectos Sostibles, organiza estas tres actividades formativas de carácter completamente innovador en formato de DESAFÍO:

Destinatarios: entidades de economía social, pemes e persoas emprendedoras.

Modalidade: 100% en liña a través de diversas ferramentas (Whatsapp, correo electrónico, zoom, drive, padlet, etc) e cun formato totalmente práctico.

Horario: sen horario específico pero distribuído de luns a venres a razón de 1,5 horas por día cunha dedicadión total de 8 horas.

Avaliación: será necesario entregar o 80% do retos plantexados e cubrir un cuestionario final de satisfación que é anónimo e voluntario.

Inscrición:

- Gratuída
- A través deste formulario.

Este laboratorio de Proxectos sostibles iniciarase con tres actividades formativas de carácter completamente innovador en formato desafío:

1. DESAFÍO 1: ITV POSTCOVID sobre xestión en entidades socias

Datas: do 21 ao 25 de marzo
Obxectivos:

- Analizar algúns aspectos e procesos do día a día da xestión do proxecto
- Identificar cales se poderían realizar de forma máis sinxela ou productiva
- Aplicar ou planificar as melloras detectadas
 

2. DESAFÍO 2: Melloras da comunicación

Datas: do 25 ao 29 de abril
Obxectivos:

- Analizar algúns procesos e ferramentas que que empregan na súa comunicación online e offline
- Identificar como poderían comunicar mellor, así como o que xa están facendo ben
- Aplicar ou planificar as melloras detectadas
 

3. DESAFÍO 3: Transformación dixital

Datas: do 23 ao 29 de maio
Obxectivos:

- Analizar as aplicacións e as principais características da configuración dixital do proxecto
- Identificar se existen programas, aplicacións web ou configuracións que poidan adaptarse mellor á actualidade do proxecto
- Empregar ou planificar as melloras detectadas

Para unha información máis detallada, podes visualizar este documento.

 

Luns, 23 Maio, 2022 - 09:00 to Domingo, 29 Maio, 2022 - 22:00

Compartir