Curso de marca dixital

A Fundación CEL, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:

CURSO DE MARCA DIXITAL
 

Datas: do 23 ao 26 de marzo

Horario:

- Os días 23, 24 e 25 de marzo: de 16:00 a 20:00 horas

- O día 26 de marzo: de 16:00 a 19:00 horas

Lugar: nas instalacións da Fundación CEL, Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar, s/n, Lugo.

Destinatarios: Cooperativa, sociedades laborais e emprendedores que aposten pola fórmula de cooperativa e economía social.

Obxectivos: proporcioar a estratexia de marca que todo emprendedor debería ter en conta á hora de levar ao ámbito dixital a súa empresa, proxecto ou producto dunha forma exitosa.

Programa formativo:

Sesión 1: Estratexia de naming. Craves para encontrar e desenvolver marca, logo e elevator pitch para o noso negocio en internet. Que ferramentas existen?

Sesión 2: Antes de lanzar a miñacweb. Aspectos fundamentais á hora de poñer en marcha unha web (dominio, hosting e CMS). Que son cada unha destas cousas e cómo podo elexir as mellores opcións para o meu proxecto?

Sesión 3: Social Media. Que red social elexir?. Que, como e cando publicar?

Sesión 4: Reputación diXital. Como coidar a miña imaxe en entornos dixitai. Que ferramentas teño?

Inscricións: a través do seguinte formulario.

Para máis información: 982 284 150 / formacion@fundacioncel.org

Podes visualizar o programa completo premendo aquí.

 

Luns, 23 March, 2020 - 16:00 to Xoves, 26 March, 2020 - 19:00

Compartir