Crece a economía social galega

A Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES) publica unha nova edición do seu informeAs empresas máis relevantes da economía social”.

Este informe ten como obxectivo visibilizar o tecido empresarial da economía social, a súa pluralidade de fórmulas xurídicas e a súa presenza no escenario socio económico español, no que Galicia ten un crecente peso.
É necesario mencionar que o informe non é un listado pechado, senón que pretende recoller algunhas das empresas de economía social que foron seleccionadas polo socios de CEPES, como entidade representativa da economía social española que defende os intereses de máis de 42.140 empresas e entidades, cuxa facturación supón o 10% do PIB e que xera 2.192.400 empregos directos e indirectos.

No ranking figura a galega Coren, cuarta na clasificación xeral e segunda na agraria, cun volume de negocio de 1.000 millóns e 3.240 asalariados.

Nesta fórmula organizativa contabilízanse unha vintena máis de sociedades, entre as que destacan nomes propios como Feiraco, CogalIcosOs Irmandiños, Agris, Martín Códax, Melisanto, Cobideza ou Xallas, ademais de varias cooperativas de vivendas como Eirís Ofimático, Xescomar ValdecorbosHabitat Novo Castiñeiriño ou Residencial Sar.

O informe sitúa tamén a Galicia na cabeza coas súas confrarías, cunha facturación anual superior a 137 millóns, sobre os 100 de Cataluña ou a Comunidade Valenciana e os 66 que suman os pescadores andaluces.
A súa vez, dentro das 206 sociedades laborais detalladas por CEPES, hai 12 exemplos galegos, que van desde Generadores Europeos, líderes en negocio na comunidade con 7,8 millóns, ata Lugar da Veiga.

Por último, o informe recolle 10 centros especiais de emprego de Galicia, porta de entrada laboral para persoas con discapacidade. Destacan entre outros Coregal, Hornos Lamastelle, Combina SocialIntegraTexActiva ou Galega de Economía Social.

 

Luns, 8 April, 2019 - 10:00

Compartir