CREA E CONSTITÚE A TÚA COOPERATIVA PASO A PASO

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza o seguinte actividade formativa no marco de CORUÑA EMPRENDE:

CREA E CONSTITÚE A TÚA COOPERATIVA PASO A PASO
 

Datas: do 22 de novembro ao 17 de decembro

Duración: 40 horas

Modalidade: en liña a través da plataforma de teleformación

Celebraranse 3 sesións virtuais de aprendizaxe os días 22 de novembro e 2 e 17 de decembro en horario de 9:30 a 11:00 h.

Destinatarios: Persoas cunha idea de negocio e/ou proxecto empresarial interesadas en valorar a viabilidade de emprender baixo a fórmula cooperativa. Primarase a participación de persoas pertencentes a grupos promotores, ás que proveñan de empresas en crise, persoas traballadoras coa condición de autónomas, etc.

Obxectivos:

- Dar a coñecer á cidadanía en xeral e ás persoas emprendedoras en particular, o modelo empresarial das cooperativas e empresas da Economía Social. Visibilizándoas como fórmula acaída para a creación de emprego estable e de calidade, fixación da poboación no territorio, acceso das mulleres a postos de responsabilidade e limitación da fenda salarial, recuperación de empresas en crise, etc.
- Facilitar o acceso ao coñecemento e a formación das persoas residentes na cidade da Coruña a través de cursos de teleformación que permitan a participación en actividades formativas a distancia sen riscos para a saúde pero contando con todos os apoios e calidade da formación especializada de Espazocoop.
- Promover a creación dun ecosistema emprendedor no cooperativismo e na economía social na cidade da Coruña que se poida materializar, nun futuro próximo, na constitución de novas cooperativas que enriquezan o tecido produtivo da cidade.

Programa formativo:

1. Presentación

  • Coñece ás cooperativas
  • Coñece a Economía Social

2. Como se traballa nunha cooperativa. Condicións básicas.

  • Que é unha cooperativa

3.Prototipa a túa idea de negocio cooperativo. (CANVAS)

  • O equipo e as persoas
  • A idea
  • Madura a túa idea cooperativa
  • Responsabilidade Social da túa idea

4. Estuda a viabilidade económica e financeira

  • Analiza a área económico financeira

5. Organización da cooperativa

  • Organigrama Cooperativo
  • Competencias da Asemblea
  • Organización Societaria e do traballo

6. Elaboración Plan de empresa e Constitución (CONSOLIDA_ES)

  • Descrición Xeral do Proxecto
  • Estudo de Mercado
  • Plan de Mercadotecnia
  • Plan de Produción
  • Plan de Recursos Humanos
  • Forma xurídica
  • Plan económico – financeiro

Inscricións:

- Gratuíta
- Inscricións: a través desta ligazón.

Para máis información: patane@espazo.coop / 881 887 456

 

Luns, 22 November, 2021 - 09:00 to Venres, 17 December, 2021 - 09:00

Compartir