Cooperativas de ensino. Unha alternativa de emprego

NOVA EDICIÓN DO OBRADOIRO COOPERATIVAS DE ENSINO. UNHA ALTERNATIVA DE EMPREGO
 

Datas: 4, 5, 6 e 17 de setembro

Lugar: Colexio Santo Tomás do Porriño, S.Coop. Galega, A Florida – Torneiros, O Porriño

Horario: 9:30 - 14:30 horas

Duración: 20 horas (4 sesións de 5 horas)

Destinatarios: profesionais do ámbito educativo e persoas socias da cooperativa Colexio Santo Tomás de Porriño.

Obxectivos:

  • Presentar a cooperativa de ensino como modelo de alternativa laboral para quen dexese traballar no eido educativo, incidindo nos valores e principios que rexen o movemento cooperativo.
  • Mellorar o coñecemento sobre os recursos dispoñibles para emprender un proxecto de economía social dentro do campo educativo.
  • Informar sobre a situación actual do sector en Galicia, realidades, perspectivas e opcións de entrada.
  • Presentar experiencias consolidadas, tanto a nivel de constitución de cooperativas como na incorporación como socio/a naquelas xa existentes.

Programa formativo:

- Principios Cooperativos. Cooperativismo Alternativa de Emprego.
- Cooperativas de Ensino. Particularidades. Cooperativas vs Outros Modelos . Lexislación Cooperativa.
- As Persoas Socias na Cooperativa. Organización Interna nas Cooperativas.
- Constitución da Cooperativa. O Proceso. O Plan de Empresa. Organización do Traballo. Análise Económico-Financeiro. Particularidades contables nas Cooperativas. Recursos e Apoios.

Inscrición: no 881 88 74 56 / patane@espazo.coop

Para consultar o cartel preme aquí.

 

Mércores, 4 September, 2019 - 09:30 to Martes, 17 September, 2019 - 14:30

Compartir