As cooperativas culturais: resposta ós retos do sector cultural

Espazo coop, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:

AS COOPERATIVAS CULTURAIS: RESPOSTA ÓS RETOS DO SECTOR CULTURAL
 

Data: 19 de setembro

Horario: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h

Lugar: Sede Afundación, Rúa Augusto González Besada, nº 2, Pontevedra

Duración: 6 horas

Destinatarios: Cooperativas, outras entidades e empresas de economía social, persoas interesadas no emprendemento cooperativo no ámbito cultural e público xeral.

Obxectivo: dar a coñecer a realidade en Galicia e noutros territorios e identificar solucións creativas para consolidar empresas cooperativas das industrias culturais. Tamén favorecer o intercambio de proxectos culturais e axentes do sector e mesmo ofrecer un contexto propicio para a colaboración e a intercooperación nas súas diversas vertentes.

Programa:

RECEPCIÓN
10:00 h - Recepción e entrega de documentación.

MESAS DE EXPERIENCIAS INSPIRADORAS
A xornada acollerá tres mesas de experiencias presentadas pola responsable da Sectorial de Cultura de Espazocoop, Emi Candal.
10:30 h - Mesa 1: As cooperativas mixtas: unha opción de interese no sector, coa cooperativa andaluza Caótica.
11:30 h - Mesa 2: Acordos de uso de espazos públicos entre administracións e cooperativas, coa cooperativa Xeitura, xestión do patrimonio cultural, e o Concello de Allariz.
12:00 h - Mesa 3: Seguros éticos na organización de eventos culturais, coa cooperativa ARÇ.

ENCONTRO CON REPRESENTANTES DE INSTITUCIÓNS DO SECTOR CULTURAL
Continuarase a xornada cun café e encontro con representantes de institucións públicas e entidades privadas do sector cultural, que será presentado pola presidenta de Espazocoop, Ana Olveira.
12.30 h - Café e Encontro.

XANTAR
13.30 h - Xantar.

VISITA Á COOPERATIVA MARTÍN CÓDAX
15.30 h - Saída en autobús e visita ás Bodegas Martín Códax, na que coñeceranse as súas actividades vinculadas co ámbito cultural.
18.00 h - Chegada a Pontevedra e remate da xornada.

Inscrición:

- Gratuíta

- A través do seguinte formulario.

Para máis información: www.espazo.coop

Podes visualizar o cartel premendo aquí.

Podes acceder ao programa completo premendo aquí.

 

Xoves, 19 September, 2019 - 10:00 to 18:00

Compartir