LOADING

As Cooperativas

As Cooperativas

Unha cooperativa é unha asociación de persoas que se unen de forma voluntaria para a realización de actividades económicas e sociais de interese común mediante unha empresa de propiedade conxunta e de xestión democrática.

A diferenza entre as cooperativas e o resto das empresas radica nunha serie de valores e principios que determinan o seu funcionamento:

Os valores son:

 

Axuda mutua

A cooperativa debe favorecer que os socios colaboren na resolución dos problemas das outras persoas.

Democracia

As decisións tómanse de maneira conxunta e coa participación activa de todo o mundo.

Equidade

Debe existir un reparto xusto e proporcional aos socios da cooperativa.

Responsabilidade

Os socios teñen o compromiso de cumplir coas súas obrigas.

Igualdade

todos os membros da cooperativa gozan dos mesmos dereitos.

Solidaridade

As persoas que forman parte dunha cooperativa teñen a obriga moral de non abandoar aos outros e axudalos.

Os principios son:


Adhesión voluntaria

A Incorporarse a unha cooperativa é un acto libre.

Autonomía e independencia

As cooperativas xestiónanse autónomamente sen inxerencias doutros organismos.

Compromiso coa comunidade

A cooperativa tratará de colaborar no desenvolvemento da socidedade.

Cooperación entre cooperativas

Unhas e outras cooperativas deben compartir proxectos comúns.

Fomento da educación

A formación dos socios é importante para o desenvolvemento da cooperativa.

Xestión democrática

As cooperativas están xestionadas de xeito democrático e participativo.

Participación económica

O capital social da cooperativa constitúese coas achegas dos socios, sendo eles os encargados da administralo.

 

Más información