Convocatoria Certame Cooperativismo no Ensino 2022
A Consellería de Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras do Certame de Cooperativismo no Ensino 2022.
Como cada ano, o obxectivo deste programa é difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, formación profesional e ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.
Establécense as seguintes modalidades de participación:
- Actividades artísticas: dirixidas ao alumnado de educación infantil e primaria.
- Actividades cooperativizadas: dirixidas ao alumnado de educación secundaria obrigatoria.
- Proxectos empresariais cooperativos: dirixidas ao alumnado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.
O orzamento total ascende a 28.000 euros.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 29 de abril de 2022.
Para consultar a orde completa, preme aquí.
Descarga o cartel do certame aquí.
Xoves, 20 January, 2022 - 09:00 to Venres, 29 April, 2022 - 09:00