Contabilidade básica para a túa entidade de economía social | Edición V

Na Rede Eusumo seguimos apostando pola formación no eido da economía social, por iso lanzamos a 5.ª edición do curso ‘Contabilidade básica para a túa entidade de economía social’.
Esta actividade ten unha duración de 20 horas e deberase completar entre o 17 e o 31 de outubro de 2023 a través da plataforma en liña ‘Campus Eusumo’.
O obxectivo desta formación é facilitar ao alumnado unha visión integrada dos conceptos e instrumentos claves da contabilidade e finanzas para a xestión das empresas de economía social.
Trátase dun curso gratuíto dirixido a persoas pouco familiarizadas co vocabulario financeiro e que están interesadas en aprender os conceptos clave da contabilidade e as finanzas para a xestión das súas entidades de economía social.
O programa formativo ten a seguinte estrutura:
MÓDULO 1. Estados financieiros
MÓDULO 2. Como relacionar a conta de resultados co balance de situación?
MÓDULO 3. A xestión dos custos
MÓDULO 4. O punto de equilibrio
As inscricións estarán abertas ata o 16 de outubro de 2023 e faranse seguindo estos pasos:
- Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
- Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Consulta o cartel compleo da formación.
Para máis información, podes poñerte en contacto a través de info@eusumo.gal