Contabilidade básica para a túa entidade de economía social | Edición III

Na Rede Eusumo seguimos apostando pola formación no eido da economía social, por iso lanzamos a 3ª edición do curso ‘Contabilidade básica para a túa entidade de economía social’.

Esta actividade ten unha duración de 20 horas e deberase completar entre o 14 e o 28 de febreiro de 2023 a través da plataforma en liña ‘Campus Eusumo’.

O obxectivo desta formación é facilitar unha visión integrada dos conceptos e instrumentos claves da contabilidade e finanzas.

Trátase dun curso gratuíto dirixido a persoas pouco familiarizadas co vocabulario financeiro e que estean interesadas en aprender os conceptos clave da contabilidade e finanzas para a xestión da súa entidade de economía social.

programa formativo ten a seguinte estrutura:

MÓDULO 1. Estados financieiros

MÓDULO 2. Como relacionar a conta de resultados co balance de situación?

MÓDULO 3. A xestión dos custos

MÓDULO 4. O punto de equilibrio

As inscricións estarán abertas ata o 13 de febreiro de 2023 e faranse seguindo estos pasos:

  1. Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
  2. Automatricularse no curso dentro de dita plataforma

Consulta o cartel compleo da formación.

Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

 

Martes, 14 February, 2023 - 00:00 to Martes, 28 February, 2023 - 23:45

Compartir