Contabilidade básica para a túa entidade de economía social
Desde a Rede Eusumo seguimos apostando pola formación no eido da economía social, por esta razón, lanzamos:
CONTABILIDADE BÁSICA PARA A TÚA ENTIDADE DE ECONOMÍA SOCIAL
Datas: do 2 ao 26 de agosto
Modalidade: en liña
Duración: 20 horas
Obxectivo: facilitar unha visión integrada dos conceptos e instrumentos claves da contabilidade e finanzas.
Público obxectivo: persoas pouco familiarizadas co vocabulario financeiro e que estean interesadas en aprender os conceptos claves da contabilidade e finanzas para a xestión da súa entidade de economía social.
Programa:
Introdución: Estados financeiros
Tema 2: Como relacionar a Conta de resultados co Balance de situación?
Tema 3: A xestión dos custes
Tema 4: O punto de equlilibro
Inscrición:
- Gratuíta
- Ata o 1 de agosto
- A través deste formulario de inscrición.