Consulta as actividades do Pont-Up Store 2022

O PONT-UP STORE é unha iniciativa de apoio ao emprendemento, aberta a toda a cidadanía, e que centra os seus esforzos no incremento da cultura emprendedora na nosa sociedade.

Durante os días 23 e 24 de setembro, Pontevedra acolle como cada ano, un programa de actividades con propostas innovadoras pensadas para orientar e axudar ás persoas que están no camiño do emprendemento.

O punto central estará situado na Praza de España, onde será posible visitar os stands e coñecer unha selección das mellores iniciativas de emprendemento do país e participar nas actividades de dinamización que se desenvolvan.

Neste evento reúnense emprendedores, estudantes, inversores, empresas, patrocinadores e medios de comunicación, co obxectivo de apoiar a innovación, a colaboración, a formación, a financiación e o emprendemento creativo.

Poderás participar nun extenso programa de charlas, talleres, networkings e demostracións.

Podes coñecer os emprendedores seleccionados e que presentarán os seus proxectos nas distintos casetas a través desta ligazón.

Tamén podes coñecer o programa completo de actividades para esa fin de semana, premendo aquí.

Unha das actividades prevista para a mañá do sábado 24 de setembro en horario de 11:00 a 13:00 horas é un Trivial de Economía social.

Con esta actividade que organiza a Secretaría Xeral de Promoción do Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social preténdese analizar o coñecemento que ten o público asistente á feira Pont Up Store sobre a economía social.

Este xogo do Trivial, coñecido por todo o mundo, ten como obxectivo, que as persoas asistentes sexan conscientes dos seus coñecementos sobre economía social e oportará datos sobre o saber que ten a poboación de Pontevedra no eido da economía social.

A actividade estará a disposicións das persoas asistentes a través do seu teléfono particular cun código QR ou a través dunha pantalla que estará a disposición dos usuarios participantes. Os participantes irán respondendo as distintas cuestións que se lles plantexan, identificadas en distintos cores segundo a temática concreta: Categoría xeral (azul), Cooperativas (amarelo), Sociedades laborais (laranxa) e Centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral (verde). As distintas cuestións teñen tres posibles respostas e unha única resposta correcta. O tempo previsto para contestar a todas ás preguntas será de 15 minutos e unha vez finalizado o tempo ou contestadas todas as preguntas, figurará de maneira global cales foron os acertos/erros.

Co fin de fomentar a participación e o interese do público nesta actividade, as 10 persoas que obteñan máis acertos en menos tempo, recibirán un obsequio por ter participado e gañado a actividade.

 

Venres, 23 September, 2022 - 09:00 to Sábado, 24 September, 2022 - 09:00

Compartir