Consulta as actividades do Pont-Up Store 2021

O PONT-UP STORE é unha iniciativa de apoio ao emprendemento, aberta a toda a cidadanía, e que centra os seus esforzos no incremento da cultura emprendedora na sociedade.

Durante os días 24 e 25 de setembro, Pontevedra acolle un programa de actividades con propostas innovadoras pensadas para orientar e axudar ás persoas que están no camiño do emprendemento.

O punto central estará situado na Praza de España, onde será posible visitar os stands e coñecer unha selección das mellores iniciativas de emprendemento do país e participar nas actividades de dinamización que se desenvolvan.

Neste evento reúnense emprendedores, estudantes, inversores, empresas, patrocinadores e medios de comunicación, co obxectivo de apoiar a innovación, a colaboración, a formación, a financiación e o emprendemento creativo.

Poderás participar nun extenso programa de charlas, talleres, networkings e demostracións.

Para coñecer estas actividades consulta o programa completo premendo aquí.

Tamén podes coñecer os emprendedores seleccionados e que presentarán os seus proxectos nos distintos stands a través desta ligazón.

 

Venres, 24 September, 2021 - 09:00 to Sábado, 25 September, 2021 - 09:00

Compartir