A CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA APROBA A CONTINUIDADE DOS PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS

Mediante ORDE do 5 de maio de 2020 (publicada no DOG do 11.05.2020) autorízase á continuación de procedementos da Consellería de Economía, Emprego e Industria que estaban suspendidos por mor do real decreto que declarou o estado de alarma. Nos anexos á orde inclúense, organizadas por centros directivos, as relacións de procedementos que continúan e os motivos que xustifican a continuación.

En concreto, no Anexo IV establécese a continuidade dos procedementos dos Rexistros de cooperativas, sociedades laborais, CEE e empresas de inserción que se consideran de interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Para consultar os efectos que esta orde ten sobre os diferentes trámites e xestións que se poden facer nos citados rexistros, podes acceder ás notas informativas sobre o funcionamento dos rexistros.

Para a consulta da ORDE preme aquí

 

Na ORDE do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito da Consellería de Economía, Emprego e Industria durante a vixencia do estado de alarma, apróbase a continuidade dos procedementos de axudas que estaban publicados e pendentes de concesión.

Para as que tiñan o prazo de solicitude aberto cando se declarou o estado de alarma, indícase a data na que finaliza o prazo de solicitudes:

  • Programa APROL economía social: 30.09.2020
  • Axudas a empresas de inserción laboral:
    • Programa I: 22.05.2020 (11 días desde o seguinte á publicación)
    • Programa II: 02.10.2020
  • Programa de posta a punto para o emprego para persoas beneficiarias da RISGA: 22.05.2020 (11 días desde o seguinte á publicación).

Para a consulta da ORDE preme aquí.

 

Luns, 11 Maio, 2020 - 09:45

Compartir