A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, expuxo este pasado venres ante o pleno do Consello da Economía Social cifras que evidencian o crecemento da economía social en Galicia

A pesar da situación pandémica, no 2021 creáronse na nosa comunidade 174 novas empresas, que suman 521 persoas socias promotoras, e nas que destacan a presenza maioritaria das mulleres como socias promotoras de cooperativas, superando por primeira vez o 50 %.

É importante destacar que na actualidade Galicia conta con 3.150 entidades de economía social activas: 1.571 sociedades cooperativas, 1.448 sociedades laborais, 117 centros especiais de emprego e 14 empresas de inserción.

Estes números son posible gracias a que o goberno galego no 2021 incidiu en actuacións de acompañamento destas iniciativas de economía social, a través de formación, divulgación e comunicación deste modelo económico, principalmente a través da Rede Eusumo, ademais de apoio económico para a posta en marcha, difusión, funcionamento e creación de emprego na economía social de Galicia.

Co obxectivo de potenciar esta fórmula de desenvolvemento económico que preconiza valores como a solidariedade, a democracia empresarial e o apego ao territorio, a Xunta destinou no 2021 case 30 millóns de euros, e para o 2022, soamente para a creación e o fomento de emprego na economía social está previsto destinar 35 millóns de euros.

A conselleira tamén destacou no pleno que no 2021 asesoráronse a un total de 174 proxectos de negocio e titorizáronse a 278 persoas, destacando novamente o papel da muller, que supón o 58 %.

En canto á formación en economía social, celebráronse 77 cursos, con máis de 1.000 alumnos, onde tamén destaca a presenza das mulleres, sendo neste caso o 68 %.

Neste encontro tamén fíxose mención ao primeiro catálogo de entidades e empresas de economía social de Galicia (www.catalogoeconomiasocial.gal), onde aparecen recollidas máis de 7.000 referencias de entidades e empresas da economía social e a través deste catálogo a Xunta está mellorando no estudo do impacto económico deste modelo empresarial cara definir novas actuacións de futuro.

Para ver a noticia completa preme aquí. 

 

Luns, 17 January, 2022 - 12:00

Compartir