Conferencia científica virtual de Economía Social

A Comisión Europea en colaboración con outros socios organiza unha conferencia científica virtual de economía social.
A COVID-19 contribúe a aumentar a visibilidade da economía social no desenvolvemento socioeconómicos e a cohesión social, demostrando que é unha parte esencial da rede de seguridades europea en tempos de crise, gracias ao seu liderazgo na provisión de bens e servizos esenciais.
Por esta razón, a economía social podería xogar un papel importante na fase de recuperación. Este evento considerará a economía social como un motor de cambio e sobre esta base discutirase como a economía social contribuirá a que a nosa sociedade se recupere e acade pronto a normalidade.
Datas: 24 e 25 de novembro de 2020
Obxectivos: reunir a unha ampla rede de investigadores e académicos que debaterán sobre como poderá e deberá ser o futuro da economía social en Europa. Ademais de recompilar un conxunto integral de coñecementos que anticipe os cambios máis relevantes dentro e fora da economía social, co fin de comprender o seu papel e contribución potencial nas próximas décadas e alimentar a política da Comisión Europea.
Programa:
- A economía social como axente de cambio e o seu efecto indirecto
- Economía social como parte dun ecosistema
- Economía social como socio dos responsables políticos e o sector lucrativo
Inscrición e máis información:
- Pode rexistrarse e obter más información a través desta ligazón.
- Pode ver o perfil dos poñentes que intervirán premendo aquí.
- Se ten interese, pode rexistrarse accedendo a esta ligazón.