A Confederación Empresarial de Ourense organiza a "FEIRA VIRTUAL DE ECONOMÍA SOCIAL"

Confederación Empresarial de Ourense (CEO) organiza a "FEIRA VIRTUAL DE ECONOMÍA SOCIAL".

Esta feira levarase a cabo este ano de maneira virtual o venres 30 de outubro de 2020.

Neste evento, as entidades de economía social e emprendedores que desexen participar terán a posibilidade de amosar os seus produtos e/ou servizos.

Así mesmo, cada entidade expositora contará con asesoramento especializado para axudarlles antes e durante o propio evento.

A participación está aberta a todo tipo de entidades de economía social e proxectos emprendedores relacionados coa economía social.

Para inscribirse é preciso cubrir o formulario de inscrición e de candidatura que poderás atopar na seguinte ligazón:

http://bit.ly/feiraenliñadocooperativismo2020

Tamén poderás inscribirte ou facer calquera consulta a través do 610 17 43 88.

  • A data límite de inscrición para participar como entidade expositora é o 28 de setembro de 2020.
  • Participación gratuíta.
  • Consulta o programa do evento premendo aquí.
  • Para descarga do cartel do evento preme aquí.

 

Venres, 30 October, 2020 - 09:00

Compartir