Coñece os participantes de Economía Social de Galicia no Xantar 2019

Do 6 ao 10 de febreiro de 2019, celébrase unha nova edición en Ourense da Feira Xantar, a 20ª Edición Internacional de Turismo gastronómico, na que poderedes coñecer as últimas novidades sobre produtos agroalimentarios de calidade con denominación de orixe ou gourmet .

Animamos a todos os participantes a asistir e especialmente a visitar o stand da Economía Social de Galicia, no que particirán sete cooperativas, unha empresa de inclusión de mulleres en risco de exclusión social e unha empresa comprometida coa integración social mediante a inserción laboral de colectivos especiais: Condado Paradanta S. Coop. GalegaCooperativa Agraria Comercial S. Coop. Galega (Bico de Xeado), Productores del Campo de Capela S. Coop. Galega, Bodega Cooperativa Jesús Nazareno S. Coop. GalegaBodegas Eidosela S. Coop. Galega3 Fuciños S. Coop. GalegaFreshcut S.L (Galifresh)Terras da Mariña S. Coop. Galega e Conservas Anaco S.L.

Nesta ligazón podedes descargar as fichas informativas dos participantes.

 

Mércores, 6 February, 2019 - 10:00 to Domingo, 10 February, 2019 - 10:00

Compartir