Coñece a economía social e os tipos de entidades que a forman | Edición II

Desde a Rede Eusumo seguimos apostando pola formación no eido da economía social, por iso lanzamos a segunda edición do curso ‘Coñece a economía social e os tipos de entidades que a forman’.

Esta actividade ten unha duración de 20 horas e deberase completar entre o 25 de novembro e o 9 de decembro de 2022 a través da plataforma en liña ‘Campus Eusumo’.

O obxectivo desta formación é dar a coñecer a economía social e as entidades que a forman, así como comparar estas fórmulas de economía social con outras fórmulas xurídicas.

Trátase dun curso gratuíto dirixido a todas as persoas interesadas en coñecer o mundo da economía social e que queiran consolidar os seus proxectos empresarias.

programa formativo estrutúrase da seguinte maneira:

MÓDULO 1. A economía colaborativa

MÓDULO 2. Que é a economía social?

MÓDULO 3. As cooperativas

  • Tipos de cooperativas
  • Normativa que rexe as cooperativas
  • Órganos das cooperativas
  • Réxime económico e fiscal

MÓDULO 4. As sociedades laborais

MÓDULO 5. Outras fórmulas de economía social

MÓDULO 6. Características e diferenzas fronte a outras fórmulas xurídicas
 

As inscricións estarán abertas ata o 24 de novembro de 2022 e faranse seguindo estos pasos:

  1. Rexistrarse, se aínda non o fixeches, en Campus Eusumo (nova plataforma de teleformación da Rede Eusumo)
  2. Automatricularse no curso dentro da plataforma

Consulta o cartel da formación.

Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

 

Venres, 25 November, 2022 - 00:00 to Venres, 9 December, 2022 - 23:45

Compartir