Comunicar en tempos de pandemia. As empresas de economía social diante dunha nova realidade

AESGAL, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:
 

COMUNICAR EN TEMPOS DE PANDEMIA. AS EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL DIANTE DUNHA NOVA REALIDADE
 

Datas: 22, 24 e 29 de setembro de 2020

Horario: de 16:00 a 18:00 horas

Modalidade: en liña

Duración: 10 horas (8 horas de formación mediante videoconferencia e campus en liña e 2 horas de consultoría individual para cada alumno/a)

Destinatarios: persoal de sociedades laborais, de entidades de economía social e persoas interesadas en xeral.

Programa formativo:

  • Comunicación: conceptos e consellos básicos
  • Ferramentas: programas e utilidades para facilitar a comunicación
  • Deseño: configurar o plan de comunicación

Inscrición:

Prezo xeral- 39€ / Prezo para asociadas a AESGAL - 29€ (* Esta formación ten un valor de 195€ pero está subvencionada nun 80% pola Xunta de Galicia).

- Para facer efectiva a túa inscrición, debes cubrir o seguinte formulario.

Para máis información, podes contactar con AESGAL en aesgal@aesgal.org ou no 616 70 31 86

 

Martes, 22 September, 2020 - 16:00 to Martes, 29 September, 2020 - 18:00

Compartir