Como obter financiamento para entidades de economía social | Edición II

Desde a Rede Eusumo lanzamos a 2ª edición do curso ‘Como obter financiamento para entidades de Economía Social’ como mostra do noso compromiso coa formación no eido da economía social.
Esta actividade ten unha duración de 20 horas e deberase completar entre o 1 e o 15 de febreiro de 2023 a través da plataforma en liña ‘Campus Eusumo’.
O obxectivo desta formación é dar a coñecer os diferentes tipos de financiamento aos que poden optar as entidades de economía social.
Trátase dun curso gratuíto dirixido a todas as persoas interesadas en obter financiamento para poñer en marcha ou continuar a actividade do seu proxecto de economía social.
O programa formativo ten a seguinte estrutura:
MÓDULO 1. Que é a economía social?
MÓDULO 2. As entidades de economía social
- As cooperativas
- As sociedades laborais
MÓDULO 3. Tipos de financiamiento para entidades de economía social
MÓDULO 4. O financiamiento ético
MÓDULO 5. Comparativa do financiamento tradicional e ético
As inscricións estarán abertas ata o 31 de xaneiro de 2023 e faranse seguindo estos pasos:
- Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
- Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Consulta o cartel da formación.
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal