Como obter financiamento para entidades de economía social
Desde a Rede Eusumo lanzamos o curso ‘Como obter financiamento para entidades de Economía Social’ como mostra do noso compromiso coa formación no eido da economía social.
Esta actividade ten unha duración de 20 horas e deberase completar entre o 17 de novembro e o 1 de decembro de 2022 a través da plataforma en liña ‘Campus Eusumo’.
O obxectivo desta formación é dar a coñecer os diferentes tipos de financiamento aos que poden optar as entidades de economía social.
Trátase dun curso gratuíto dirixido a todas as persoas interesadas en obter financiamento para poñer en marcha ou continuar a actividade do seu proxecto de economía social.
O programa formativo ten a seguinte estrutura:
MÓDULO 1. Que é a economía social?
MÓDULO 2. As entidades de economía social
- Cooperativas
- Sociedades laborais
MÓDULO 3. Tipos de financiamiento para entidades de economía social
MÓDULO 4. O financiamiento ético
MÓDULO 5. Comparativa do financiamento tradicional e ético
As inscricións estarán abertas ata o 16 de novembro de 2022 e faranse seguindo estos pasos:
- Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
- Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Consulta o cartel da formación.
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal