Como fago para que a miña entidade de economía social saia nos medios de comunicación?

Desde a Rede Eusumo seguimos apostando pola formación no eido da economía social, por esta razón, lanzamos:

COMO FAGO PARA QUE A MIÑA ENTIDADE SAIA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN?
 

Data: do 20 de maio ao 10 de xuño NOVAS DATAS: do 27 de maio ao 17 de xuño

Modalidade: en liña cunha sesión de 1 hora en formato webinar (Pendente de definir data e horario)

Duración: 20 horas

Obxectivo: que o alumnado entenda o papel estratéxico da comunicación nas empresas, tanto de cara á opinión pública como a nivel interno; así como adoptar destrezas básicas para xestionar esa comunicación e saber como actuar nunha situación de crise.

Público obxectivo: entidades que precisen difundir novidades sobre a súa actividade ou os seus produtos/servizos; así como ás empresas que desexen mellorar a expresión do seu persoal de comunicación.

Formación:

MÓDULO 1: NOTAS DE PRENSA, CONVOCATORIAS A MEDIOS E SITUACIÓNS DE CRISE
MÓDULO 2: A FIGURA D@ PORTAVOZ E CLAVES DO DISCURSO
MÓDULO 3: O VALOR DA COMUNICACIÓN INTERNA E RSE

Inscrición:

- Gratuíta

Prazo para inscribirse ata o 19 de maio AMPLÍASE O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 26 DE MAIO

- Accede ao formulario de inscrición

Venres, 27 Maio, 2022 - 09:00 to Venres, 17 June, 2022 - 09:00

Compartir