Como crear unha entidade de Economía Social
Desde a Rede Eusumo seguimos apostando pola formación no eido da economía social, por iso lanzamos o curso ‘Como crear una entidade de Economía Social’.
Esta actividade ten unha duración de 20 horas e deberase completar entre o 3 e o 17 de novembro de 2022 a través da plataforma en liña ‘Campus Eusumo’.
O obxectivo desta formación é que as persoas interesadas en emprender no ámbito da economía social analicen a viabilidade do seu proxecto e coñezan todos os pasos que hai que dar para crear unha entidade, así como as liñas de axuda e financiamento ás que poden optar.
Trátase dun curso gratuíto dirixido a todas as persoas interesadas en emprender baixo algunha das fórmulas da economía social ou que precisan financiamento para crear ou consolidar os seus proxectos.
O programa formativo estrutúrase da seguinte maneira:
MÓDULO 1. Análise da viabilidade do proxecto
MÓDULO 2. Proceso de constitución de cooperativas ou sociedades laborais
MÓDULO 3. Financiamento e liñas de axuda para a creación de entidades de economía social
MÓDULO 4. Oportunidades de emprendemento
As inscricións estarán abertas ata o 2 de novembro de 2022 e faranse seguindo estos pasos:
- Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
- Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Consulta o cartel da formación.
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal