Como crear unha entidade de economía social | Edición II

A Rede Eusumo organiza a 2ª edición da actividade en liña: "COMO CREAR UNHA ENTIDADE DE ECONOMÍA SOCIAL"

Datas: do 20 de xaneiro ao 3 de febreiro 2023

Modalidade: en liña a través do Campus Eusumo

Persoas destinatarias: esta acción está dirixida a todas as persoas interesadas en emprender baixo algunha das fórmulas da economía social ou que precisen financiamento para crear ou consolidar os seus proxectos.

Obxectivos: 

  • Analizar a viabilidade do proxecto das persoas interesadas en emprender

  • Dar a coñecer os pasos que hai que dar para crear unha entidade de economía social

  • Dar a coñecer as liñas de axuda e financiamento ás que poden optar para abordar con éxito o seu proxecto.

Programa:

MÓDULO 1. Análise da viabilidade do proxecto

MÓDULO 2. Proceso de constitución de cooperativas ou sociedades laborais

MÓDULO 3. Financiamento e liñas de axuda para a creación de entidades de economía social

MÓDULO 4. Oportunidades de emprendemento

Inscrición:

  • Gratuíta
  • O prazo para inscribirse remata o 19 de xaneiro de 2023
  • Accede ao Campus Eusumo, rexístrate, se aínda non o fixeches, e matricúlate.

Consulta o cartel completo desta formación.

 

Venres, 20 January, 2023 - 00:00 to Venres, 3 February, 2023 - 23:45

Compartir