Como crear unha entidade de economía social | Edición II

A Rede Eusumo organiza a 2ª edición da actividade en liña: "COMO CREAR UNHA ENTIDADE DE ECONOMÍA SOCIAL"
Datas: do 20 de xaneiro ao 3 de febreiro 2023
Modalidade: en liña a través do Campus Eusumo
Persoas destinatarias: esta acción está dirixida a todas as persoas interesadas en emprender baixo algunha das fórmulas da economía social ou que precisen financiamento para crear ou consolidar os seus proxectos.
Obxectivos:
-
Analizar a viabilidade do proxecto das persoas interesadas en emprender
-
Dar a coñecer os pasos que hai que dar para crear unha entidade de economía social
-
Dar a coñecer as liñas de axuda e financiamento ás que poden optar para abordar con éxito o seu proxecto.
Programa:
MÓDULO 1. Análise da viabilidade do proxecto
MÓDULO 2. Proceso de constitución de cooperativas ou sociedades laborais
MÓDULO 3. Financiamento e liñas de axuda para a creación de entidades de economía social
MÓDULO 4. Oportunidades de emprendemento
Inscrición:
- Gratuíta
- O prazo para inscribirse remata o 19 de xaneiro de 2023
- Accede ao Campus Eusumo, rexístrate, se aínda non o fixeches, e matricúlate.
Consulta o cartel completo desta formación.