Como crear unha entidade de Economía Social

Desde a Rede Eusumo seguimos apostando pola formación no eido da economía social, por iso lanzamos o curso ‘Como crear una entidade de Economía Social’.

Esta actividade ten unha duración de 20 horas e deberase completar entre o 3 e o 17 de novembro de 2022 a través da plataforma en liña ‘Campus Eusumo’.

O obxectivo desta formación é que as persoas interesadas en emprender no ámbito da economía social analicen a viabilidade do seu proxecto e coñezan todos os pasos que hai que dar para crear unha entidade, así como as liñas de axuda e financiamento ás que poden optar.

Trátase dun curso gratuíto dirixido a todas as persoas interesadas en emprender baixo algunha das fórmulas da economía social ou que precisan financiamento para crear ou consolidar os seus proxectos.

programa formativo estrutúrase da seguinte maneira:

MÓDULO 1. Análise da viabilidade do proxecto

MÓDULO 2. Proceso de constitución de cooperativas ou sociedades laborais

MÓDULO 3. Financiamento e liñas de axuda para a creación de entidades de economía social

MÓDULO 4. Oportunidades de emprendemento

As inscricións estarán abertas ata o 2 de novembro de 2022 e faranse seguindo estos pasos:

  1. Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
  2. Automatricularse no curso dentro de dita plataforma

Consulta o cartel da formación.

Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

 

Xoves, 3 November, 2022 - 00:00 to Xoves, 17 November, 2022 - 23:45

Compartir