Como crear e xestionar un proxecto de economía social
Desde a Rede Eusumo seguimos apostando pola formación no eido da economía social, por esta razón, lanzamos:
COMO CREAR E XESTIONAR UN PROXECTO DE ECONOMÍA SOCIAL
Datas: do 2 ao 23 de maio de 2022
Modalidade: en liña a través da nosa plataforma de teleformación
Duración: 20 horas
Obxectivo: este curso recolle diversos capítulos que percorren, dun xeito práctico, as pautas, os recursos e os coñecementos para abordar con éxito un proxecto empresarial de economía social.
Público obxectivo: dirixido a todas as persoas interesadas en emprender baixo as fórmulas de economía social ou que queiran consolidar os seus proxectos empresariais.
Programa formativo:
- MÓDULO 1. Unha nova economía con valores
- MÓDULO 2. Que é a economía social?
- MÓDULO 3. As cooperativas
- MÓDULO 4. As sociedades laborais
- MÓDULO 5. Outras fórmulas de economía social
Inscrición:
- Gratuíta
- Prazo para inscribirse ata o 29 de abril. Ampliado o prazo ata o 1 de maio.
- Accede ao formulario de inscrición