Como construír unha marca para medrar en competitividade no eido da economía social

A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela organiza o obradoiro ‘Como construír unha marca para medrar en competitividade no eido da economía social no marco da Rede Eusumo.

Levarase a cabo en modalidade en liña a través da plataforma de comunicación da Cámara de Comercio de Santiago os días 2, 3, 6, 9 e 10 de outubro de 2023.

Os obxectivos serán transmitir a importancia da imaxe de marca para medrar en competitividade e conseguir conexións emocionais cos clientes, deixando a un lado o mercantilismo e entendendo o consumo como un proceso de satisfacción de necesidades, de conexión co público obxectivo, incrementando deste xeito a competitividade.

No taller traballarase na importancia de como aplicar a dixitalización para proxectar a marca no noso sector e no noso eido de negocio aplicando o marketing dixital e que isto se traduza nunha mellora de ventas.

Os contidos desta actividade gratuíta serán os seguintes:

1. - Cómo impacta a túa imaxe de marca nas túas ventas no contexto da economía social

2. - A clave para que vexan e comprendan a túa marca

3. - Como construír a túa historia de marca

4. - Como poñer en práctica a túa historia

5. - Aproveitando o amplificador dixital

Se estás interesad@, inscríbete a través de www.camaracompostela.com

 

Luns, 2 October, 2023 - 16:00 to Martes, 10 October, 2023 - 19:00

Compartir