A Comisión Europea presenta o Plan de Acción para a Economía Social

A Comisión Europea presentou este xoves, 9 de decembro, o Plan de Acción Europeo de Economía Social, cuxo obxectivo é axudar á economía social europea a prosperar, aproveitando o seu potencial económico e de creación de emprego, así como a súa contribución a unha recuperación xusta e integradora e ás transicións verde e dixital.

Baseándose na Iniciativa de Empresa Social de 2011 (Social Business Initiative), o Plan de Acción da Economía Social é o resultado dun amplo proceso de consulta cos cidadáns, o sector e os expertos, que se prolongaron durante sete anos..

O Plan inclúe 38 accións concretas que se levarán a cabo nos próximos nove anos, en áreas clave como as axudas estatais, os marcos legais e políticos, contratación pública responsable e acceso aos mercados, emprendemento en economía social, acceso á financiación e aos fondos europeos.

Desde a Comisión se recorda que son 2,8 millóns as entidades  e empresas da economía social que operan en Europa, xerando emprego a 13,6 millóns de persoas e ofrecendo solucións aos principais retos das nosas sociedades. Así mesmo, tense presente que abarcan un amplo abanico de sectores, tamaños e formas, desde as cooperativas hasta as novas empresas sociais.

A Comisión publicará orientacións para os Estados membros sobre os marcos fiscais e facilitará o acceso ás orientacións sobre as axudas estatais. O Plan de Acción pretende tamén mellorar as boas prácticas en materia de contratación pública socialmente responsable, e promover a orientación da economía social fora das fronteiras da UE.

Para o período 2021-2027, a Comisión pretende aumentar o seu apoio por encima dos 2.500 millóns de euros asignados á economía social anteriormente (entre 2014 y 2020).
Entre outras accións, a Comisión porá en marcha un novo Portal da Economía Social da UE en 2023, para garantir que os axentes da economía social poidan encontrar toda a información que necesitan nun só lugar sobre a financiación, as políticas, a formación e as iniciativas da UE. Tamén lanzará novos produtos financeiros en 2022 dentro do programa InvestEU, que mellorarán o seu acceso á financiación, e no 2022, a Comisión creará tamén un Centro Europeo de Competencia para a Innovación Social.

Este Plan de Acción pretende facer máis visible a economía social e mellorar o recoñecemento do seu traballo e o seu potencial. Por iso, a Comisión levará a cabo actividades de comunicación que poñan de releve o papel e as especificidades da economía social. Ademais, a Comisión porá en marcha un estudo para recoller datos cualitativos e cuantitativos que permitan comprender mellor a economía social en toda a UE, promoverá a economía social a nivel rexional e local fomentando os intercambios transfronteirizos e por último, tamén porá en marcha un "itinerario de transición" para axudar ás transicións verde e dixital da economía social, en diálogo coas autoridades públicas.

 

Xoves, 9 December, 2021 - 09:45

Compartir