Código de boas prácticas das sociedades cooperativas galegas
Este código, elaborado polo Centro de Estudos Cooperativos e aprobado polo Consello Galego de Cooperativas, constitúe un sistema de autorregulación polo que se establecen os principios e regras que rexerán a actuación e relación das cooperativas -sempre que elixan adherirse a el- para cos seus membros, persoal traballador e outros operadores do ámbito da súa actuación (clientes, provedores, administracións públicas, etc.).
O seu obxectivo principal é a procura dun comportamento transparente, honesto e responsable da cooperativa e os seus membros no seu ámbito de actuación, a busca dun impacto positivo daquela dentro da comunidade e a demanda de reflectir unha imaxe de confianza e mellora da súa reputación, propiciando deste xeito unha vantaxe competitiva e a mellora dos seus resultados.
As sociedades cooperativas galegas poden adherirse libre e voluntariamente a este código de boas prácticas, adquirindo o compromiso de dar cumprimento aos principios que rexerán tanto a súa actuación interna como as súas relacións con terceiros no desenvolvemento da súa actividade, no marco do compromiso de responsabilidade social cooperativa.
Aquelas cooperativas que decidan adherirse a este código, poden comunicalo a economiasocial.emprego@xunta.gal a través do modelo incluído como Anexo no propio código de boas prácticas, que se amosa a continuación.
Código de boas prácticas das sociedades cooperativas galegas
Nome da entidade | Data |
Cal3 Fotografía |
22/01/2018 |
Gálica Consultoría e formación S. Coop. Galega |
01/03/2018 |
Teixugo S. Coop. Galega |
20/03/2018 |
Miraxe S. Coop. Galega |
02/04/2018 |
Cestola na Cachola S. Coop. Galega |
03/04/2018 |
Pingota Comunicación S. Coop. Galega |
11/04/2018 |
Terras da Mariña S. Coop. Galega |
18/04/2018 |
Abeluria S. Coop. Galega |
10/07/2018 |
7H Cooperativa Cultural |
27/09/2018 |
MAOS Innovación Social S. Coop. Galega | 17/06/2019 |
NUMAX S. Coop. Galega |
19/07/2019 |